top of page

ÉXITO DE ORGANIZACIÓN E PARTICIPACIÓN NA 1ª COMPETICIÓN DA COPA GALICIA DE PUMPTRACK A CAÑIZA


Este domingo 16 de xullo, o circuíto de pumptrack do Concello, inaugurado o pasado 5 de xuño, acolleu durante toda a mañá, a celebración da 1ª das 4 probas deportivas da COPA GALICIA DE PUMPTRACK da Federación Galega de Ciclismo.

Unha competición na que participaron case un centenar de ciclistas nas 24 categorías, feminino e masculino, desta nova especialidade.

O Alcalde felicitou a todos os gañadores e tamén ao do Clube PONTEBIKE TEAM e SPORTSKIDS, organizadores do evento e agradeceu á Federación Galega de Ciclismo e ao seu Delegado Provincial, Óscar Sánchez, por ter apostado pola nosa instalación para o inicio da COPA GALICIA.

Luis Piña tamén agradeceu o traballo desenvolvido por todos os colaboradores durante esta xornada de domingo: organizadores, árbitros, comisarios, fotógrafos, presentadores e demáis persoal que fixeron posible que a proba fora un éxito.

Por suposto grazas a todos os clubes, deportistas e familias por ter confiado na Cañiza para participar neste evento.

O Alcalde tamén agradeceu a colaboración dos establecementos da Cañiza Camping Cañiza, apartamentos turísticos AUGUSTO e Finca Briabí e tamén o apoio de Augas de Mondariz, Biziebike e Rocbikecustoms.

A pista de PUMPTRACK da Cañiza xunto coa de SKATEPARK é unha das máis completas de Galicia,

Con 3.300 m2 para a práctica do deporte urbano é, segundo os expertos, unha das mellores instalacións de nosa Comunidade, como quedou acreditado na competición deste domingo na que os profesionais confirmaron que a pista de pumptrack destaca pola alta calidade técnica do circuíto.

Anexa a esta pista, está a de skatepark con 1.820 m2 de instalación, que ademáis conta coa mellor rúa principal de skatepark de toda España, segundo declaracións de profesionais e especialistas.

A competición deste domingo complétase coa celebración do CAMPIONATO BMX da CAÑIZA do vindeiro 2 de setembro.

Enlace da Federación Galega de Ciclismo para ampliar información da proba: https://fgalegaciclismo.es/index.php/es/smartweb/seccion/seccion/galicia/Inicio



bottom of page